Carlos Bóveda Bentrón

Biografía

Carlos Bóveda Bentrón
Carlos Bóveda Bentrón

Carlos Bóveda Bentrón

Carlos Bóveda Bentrón nace o 5 de febreiro de 1933 na Ponte (Padrón), a carón do Río Ulla, no seo duna familia humilde. O seu pai morre cando Carlos só tiña dous anos. Tocaba a guitarra, era carpinteiro e técnico na electricidade. De feito, cando morreu, tiña a medio contruír unha radio e estaba de baixa por un accidente que sufrira traballando con cables de alta tensión nunha obra en Doiras. Mesmo ensinaba a ler a algúns rapaces do lugar. A súa nai era de Porto, barrio mariñeiro de Pontecesures. Tivo cinco irmáns, dous homes e tres mulleres. Ningún deles dedicado ás artes plásticas.

Carlos nace, por tanto, nun fogar labrego, marcado polas circunstancias dunha época difícil. Aprendeu a nadar no Campo da Insua, cando as mareas vivas de agosto o asolagaban totalmente. Bañábase mentres comtemplaba o maxestoso Monte Meda e vía pasalo Tren de Varela. Un triste recordo da súa infancia foi ver cómo o tren pasaba cheo de feridos, pero a súa curta idade impedíalle saber que España estaba en guerra. A fame foi outra constante daquel tempo xa que, aínda que a casa de labranza garantía os mínimos necesarios, non era así cos veciños, a quen a nai de Bóveda daba pan en xesto humanitario. Con cinco anos entra na escola da Ponte. Adela Tajes, a única profesora que tivo en todo o ciclo escolar, e a súa colaboradora Elvira Piñeiro, sacábano ó encerado a debuxar para poñelo como exemplo ós demais alumnos nas clases de debuxo. Carlos observaba desde a ventá da aula e pintaba casas, árbores e outros motivos enxebres que servían de mostra ós compañeiros. Mesmo o tiña feito con mapas e outros complementos escolares da época. A mestra, en agradecemento, prometéralle unha caixa de cores. Esta foi a súa primeira experiencia artística, se se lle pode chamar así, posto que o facía cunha simple tiza. Continuar lendo.

Galería

Miñas obras

Artículos de Prensa

Gratitude

Esta é a vida e obra de Carlos . O seu corazón sempre pertenceu á Galiza. A familia quere agradecer aos amigos, o público que animou e pasou si e Deus por levou unha vida chea de sensibilidade , dozura e simplicidade.

Grazas pola súa visita

Contacto

(0034) 626 811 668
info@cboveda.com