Carlos Bóveda Bentrón

Biografía

Carlos Bóveda Bentrón
Carlos Bóveda Bentrón

Carlos Bóveda Bentrón

Carlos Bóveda Bentrón nace o 5 de febreiro de 1933 na Ponte (Padrón), a carón do Río Ulla, no seo duna familia humilde. O seu pai morre cando Carlos só tiña dous anos. Tocaba a guitarra, era carpinteiro e técnico na electricidade. De feito, cando morreu, tiña a medio contruír unha radio e estaba de baixa por un accidente que sufrira traballando con cables de alta tensión nunha obra en Doiras. Mesmo ensinaba a ler a algúns rapaces do lugar. A súa nai era de Porto, barrio mariñeiro de Pontecesures. Tivo cinco irmáns, dous homes e tres mulleres. Ningún deles dedicado ás artes plásticas. Carlos nace, por tanto, nun fogar labrego, marcado polas circunstancias dunha época difícil. Aprendeu a nadar no Campo da Insua, cando as mareas vivas de agosto o asolagaban totalmente. Bañábase mentres comtemplaba maxestoso Monte Meda e vía pasalo Tren de Varela Un triste recordo da súa infancia foi ver cómo o tren pasaba cheo de feridos, pero a súa curta idade impedíalle saber que España estaba en guerra. A fame foi outra constante daquel tempo xa que, aínda que a casa de labranza garantía os mínimos necesarios, non era así cos veciños, a quen a nai de Bóveda daba pan en xesto humanitario. Con cinco anos entra na escola da Ponte. Adela Tajes, a única profesora que tivo en todo o ciclo escolar, e a súa colaboradora Elvira Piñeiro, sacábano ó encerado a debuxar para poñelo como exemplo ós demais alumnos nas clases de debuxo. Carlos observaba desde a ventá da aula e pintaba casas, árbores e outros motivos enxebres que servían de mostra ós compañeiros. Mesmo o tiña feito con mapas e outros complementos escolares da época. A mestra, en agradecemento, prometéralle unha caixa de cores. Esta foi a súa primeira experiencia artística, se se lle pode chamar así, posto que o facía cunha simple tiza. A Carlos molestáballe que na escola non se falase galego e que pasase só por sela lingua dos probes. En todo o tempo que estivo na escola, Carlos tan só mercou un libro que curiosamente despistou mentres xogaba á estornela. Encetou a súa mocidade entre festas e romarías ás que ía camiñando. Carlos non bailaba nin moceaba, ía ás festas a observar, practicaba a contemplación. Con oito ou nove anos foi a Campaña, onde quedou prendado do Muíño da Señora María, á beira do rego de Valga. Os carballos e a propia auga embelesaron ó rapaz. Unha vez na festa, de novo colorido de gaiteiros e rapazas con panos amarelos e vermellos chamaron poderosamente a súa atención. O artista estaba convencido de que aquela particular policromía marcou posteriormente o seu futuro pictórico, xa que naquel instante desexou reproducilo se algún día podía colle-los pinceis. A inocencia daquel rapaz non albiscaba que ese sería o seu cerne artístico. En certa ocasión, indo a Padrón a buscalo pan de ración -coa cartilla de racionamento-, deteuse fronte ó expositor da tenda de Varela, O Cocherito, mirando uns libros de debuxos e xa pensaba que ese tipo de debuxos os podía facer sen dificultade. Con doce ou trece anos, por mor dun golpe nun xeonllo, o médico de Pontecesures, D. Víctor, foi velo. Carlos estaba na casa matando tempo, facendo uns dibuxos motivados no interior da casa. D.Víctor viunos e preguntou quén os fixera. Logo de velo maltreito xeonllo, díxolle: -Están moi ben, rapaz. Tes moi boa man para debuxar. Pouco tempo despois, Carlos entraba na Calera, descoñecendo se foi por mediación do médico, aínda que supón que algo tivo que ver. .

A Cerámica Celta de Pontecesures tivo a súa orixe na Cerámica Artística Galega, fundada en 1925 por D. Eugenio Escudero Lastra, no lugar do Cantillo, no barrio de San Xulián. Castelao definiuna como a “cerámica cheirenta” porque a decoración era a base de anelinas sen vidrar. Xa en mans de D. Ramón Diéguez, en 1927, caracterízase por pasar do barro a aplicalas técnicas do vidrado nas instalacións da Calera, no barrio de Porto, constituíndose como a división cerámica da empresa. Participaron nela artistas como José Mª Acuña, Carlos Sobrino, Fabeiro, Víctor García, Bonome, Ochoa, Oria Moreno, Manolo Torres e outros sobranceiros personaxes da talla de Carlos Maside, Asorey e Castelao, quen achegou a súa creatividade ceramística para logo servir de guieiro -os seus modelos- ós demais artistas. Borobó chamouna a “Universidade Plástica Galega”. No 1948, Ramón Diéguez -propietario da fábrica, dividida en fábrica de cal e cerámica- deulle o encargo a Manolo Sacristán, cuñado de Bóveda, que xa traballaba na Calera, de que ofrecera a Carlos a posibilidade de entrar a traballar como aprendiz de decorador. Carlos supón que os debuxos que vira D. Víctor foron os causantes do ofrecemento. A única constancia que tiña da Calera era de vela desde a outra beira do río e de cómo pasaba o tren por detrás dela. Carlos chega á porta da Calera na primavera de 1948. Exteriormente, non aparentaba ser un centro de tamaña importancia cultural. Era un edifico austero, común, humilde. Entrando á dereita estaban as oficinas, logo dun corredor estaban traballando Teresa González A Carabinera, D. Francisco -un gran facedor de moldes- e Fina A Xabeira. Aquí baleirábanse e repasábanse os moldes. Logo á esquerda estaban os tornos onde estaba Hipólito Castaño dándolle ó pé cunha facilidade extraordinaria. A carón dos tornos amasábase o barro nuns depósitos para conservalo fresco. Logo estaban os moldes e as estanterías onde se colocaban as pezas. Por último estaba o taller de decoración. Os fornos estaban fronte ó taller de decoración, ó saír por unha porta que dividía a Calera da Cerámica, aínda que pertencían propiamente á Calera. Había tres fornos, un onde se fundían os vidrados e dous onde se cocían -“bizcochaban”- as figuras. A seguir dos fornos estaba A Calera. Carlos foi recibido por Xosé Braña, Pepe o Gino, que o leva á dependencia de decoración onde estaba traballando Antonio Fabeiro. Coa escueta frase “Antonio, ahí che vai este rapaz”, Carlos setouse nunha mesa que xa tiña uns pinceis e uns lapis de cores, posiblemente utilizados anteriomente por Xosé Llerena Ferro, que abandonara a empresa para incorporarse ó Castro de Díaz Pardo. Uns minutos despois, Ramón Diéguez levoulle unhas macetas para que as decorara cuns motivos florais. Logo, cunhas follas e un lapis, díxolle que debuxase uns bocetos de dragóns orientais. D. Ramón estaba poñendo a proba as cualidades artísticas de Bóveda. Os primeiros días pasounos Carlos debuxando bocetos que lle entregaba o propio D. Ramón e intentaba curiosear no traballo de Fabeiro, pero non foi quen de conseguilo, xa que Antonio era moi personal e intimista, polo que non adoitaba ensinalo. Había dúas mesas, Fabeiro podía velo traballo de Carlos, pero a disposición das mesas impedía a Carlos velos traballos de Fabeiro. Bóveda, curioso, estudiaba as pezas de Fabeiro cando xa estaban na estantería. En pouco tempo fíxose á decoración. O pintor garda un gratísimo recordo artístico de Fabeiro. Considérao un gran decorador. Tiña unha noción moi clara da composición das cores, en particular dos óxidos metálicos. Fabeiro era lento traballando, meticuloso. Bóveda di que “con maestría total”, ata o punto de coñecer mesmo a espesura idónea para aplicar estes óxidos metálicos sen que saltaran no forno. Fabeiro tamén fixo esculturas e pezas que na actualidade se atribúen a outros autores ou se teñen por anónimas. Unha delas é “O berbericheiro”, un rapaz cun burro e unhas cestas de berberechos que decorou en presencia de Bóveda. Outra peza é “O bico”, unha parella de labregos abrazándose a carón dunha vaca. A peza primitiva era de Fabeiro, aínda que posteriormente Acuña fixo outra chamada igual. Mención especial para os murais de Antonio Fabeiro, a dicir de Bóveda, extraordinarios. Consérvanse dous -encargo de D. Octavio San Martín- na casa de San Martín, un no Convento dos Franciscanos de Herbón, outro pequeno que recolle o nome da Avenida de Daniel López de Padrón e outro máis -unha panorámica de Pontecesures do ano 1934- que, destruído parcialmente, foi restaurado por Xosé Llerena nos anos oitenta. Carlos tamén recorda que Fabeiro era un gran muralista dos fondos dos retratistas. Cando os fotógrafos nos anos 50 facían retratos en Padrón tiñan fondos de 4 m de ancho por 2,5 m de alto con motivos de luxosos barcos, coches e mesmo cidades. Moitos deses fondos foron obra de Antonio Fabeiro. Unha enfermidade pulmonar impedía a Fabeiro traballar moitos días ó mes, polo que a producción de pezas foi sensiblemente inferior á de Bóveda. Carlos decorou o 80% da producción da Cerámica Celta daquel tempo. O traballo permitíalle a Bóveda indagar nunha pequena alacena onde se gardaban -froito do compromiso cultural galeguista de Diéguez- libros entre os que estaban Cousas da vida e Cincuenta homes por dez reás, de Castelao, As cruces de pedra na Bretaña, debuxos do ilustre rianxeiro sobre as Feiras do Automóbil de Ocasión de Pontecesures e outros motivos, debuxos de Maside, Sexto e Ochoa, etc. Todo este material era de consulta, xa que na práctica non se aplicaban á decoración das pezas. Dos debuxos sobre as Feiras do Automóvil, Carlos fíxo unha serie de baldosas, recorda unhas dúas ou tres pezas de cada orixinal. Este banco de datos foi o material de consulta e a mellor escola de Bóveda.

Ceramica celta Ceramica celta Ceramica celta

As primeiras decoracións serias fíxoas sobre xarróns que estaban demasiado biscoitados -coción demasiado elevada- e non absorvían o vidrado unha vez decorados. Estes traballos eran mates, non tiñan o brillo das pezas da Cerámica Celta. Bóveda non recorda o primeiro soldo, pero repara en que Diéguez fora xeneroso, quizais para incentivalo e entusiasmalo. As diferencias sociais ó uso marcaban un trato cordial pero distante. Un mes despois da súa chegada, empezou a decoralas figuras da cadea de producción. As pezas, unha vez biscoitadas, situábanse nunha estantería. Bóveda tiña permiso para escoller calquera delas e decorala, aínda que escollía preferentemente as máis sinxelas -os potes-, deixando para Fabeiro as máis dificultosas. Nese momento aínda non había coado (barro líquido). O barro pegoteábase á man arredor do molde e con barbotina aplicábase ás pezas complementarias como asas, tapas, etc. Posteriormente, coa técnica do coado, as pezas saían enteiras Unha vez fóra do molde, a peza repasábase e deixábase secar certo tempo. De aquí ía ó forno de leña, a biscoitar. Esta cocción duraba un día completo, e ás veces máis. Carlos non prestaba moita atención a este proceso de fabricación. A el chegáballe a peza que, logo de decorala, baixo cuberta, pasaba a procesarse no vidrado, en grandes bañeiras de vidro moído e minio, entre outros compoñentes. O remate da cadea de producción era un forno que chamaban “o tubo da risa”, de seis a oito metros de longo, que aumentaba a temperatura gradualmente ata a zona central, onde empezaba a baixar. As pezas íanse movendo á man. Neste forno fundíanse a pintura e o vidro. Xa no exterior, o vidro das pezas estalaba polo choque da temperatura. O particular escachado das pezas da Cerámica Celta, por tanto, estaba causado por un defecto de cocción. Das primeiras pezas que decorou Carlos -pezas únicas, xa que das dez que saían do mesmo molde nunca se repetía a mesma decoración-, conserva unha no seu poder. Trátase dunha figura do ano 1949. A única noción que Bóveda tiña da cerámica de Escuredo era un Tesouro pequeno decorado por Oria Moreno. Co tempo, foi tomando contacto coa importancia cultural da Cerámica a través de persoas como Xosé Piñeiro Ares, que lle foron transmitindo as inquedanzas de Tesouros, Cabuxos, Pórticos, etc., e o traballo desenvolvido no Cantillo. Co tempo, Piñeiro -ata a súa morte- converteuse no nexo de Galicia co pintor. Carlos non chegou a coñecer en persoa a Castelao. Cando entra na Cerámica Celta, Castelao xa levaba oito anos na Arxentina, e cando vai para Arxentina, Castelao morerra doce anos antes. Xa afeito á decoración, empezou a pintar Tesouros, atrevéndose máis adiante con pratos, cunchas, etc. Incluso, xa con liberdade absoluta, xarros con formas rarísimas de flores e fondo negro, paisaxes, etc. Os primeiros contactos cos persoeiros da Cerámica comezaron co escultor Xosé María Acuña. Acuña achegaba os seus modelos e traballos para que Bóveda os decorase, a pesar dos evidentes problemas de comunicación entre ambos, xa que Acuña era mudo. Asorey tamén frecuentaba a cotío a Cerámica, que dispoñía de moitos traballos do escultor cambadés. A primeira vez que Bóveda ve a Asorey foi cando este chegou á Cerámica con doce baldosas -un vía crucis- decoradas á man en baixo cuberta para de reproducilas, xa que presentaban un evidente desgaste e algún que outro golpe. Diéguez encárgalle o traballo a Bóveda, e este crava a súa mirada na figura alta e delgada, de ollos azuis, de Asorey. Bóveda empeza o traballo facendo as baldosas en barroco problema de que barro ó cocelo mingua o volume-, biscoitounas e logo deulles algúns golpes cun martelo a fin de imitalos orixinais o mellor posible; finalmente, decorounas. Unha vez feito o choio, tempo despois, Asorey foi buscalas pezas. Cando chega á Cerámica, Diéguez amósalle os orixinais e as copias. Asorey exclama “Ramón, tocáchesme o carallo, agora non sei cales son as orixinais”. Carlos tomouno como toda unha louvanza, vindo de quen viña. Tamen desta época é un peculiar traballo de Bóveda: un feixe de azulexos con nomes de rúas. O pedido fora do Concello de Santiago de Compostela. Aínda hoxe poden verse nalgunha delas: Calle La Rosa, Ada. Romero Donallo, Calle del Dr. Rodríguez Carracido, Calle San Pedro de Mezonzo, Calle de Diego de Muros, etc. .

Ceramica celta Ceramica celta Ceramica celta

As inquedanzas culturais de Bó-veda levárono a formar parte da Rondalla Padronesa dirixida por Virxilio Pajares, tocando o laúde. Carlos tiña un oído especial para a música, mesmo abanou os fillos no berce tocando o laúde. No ano 1954 ingresa no Exército, en Ferrol, ofrecéndose como decorador cerámico, polo que o incluíron na Sección de Pintores, aínda que pasou máis tempo metendo masilla nas ventás que pintando. Aproveita o tempo e comeza a compoñelo seu propio equipo de pintura. Así fai unha maleta de madeira coas correspondentes divisións, realizando á man tódalas pechaduras da mesma, e un trípode de madeira que tiña o seu aquel, con terminacións en bronce e que se podía encartar totalmente para enganchalo á maleta e transportalo facilmente. Ademais dispuña dunha asa de coiro pra poder levalos lenzos xa pintados aínda sen secar. Este conxunto foi o que usou, conservándoo en perfecto estado, para saír a pintar ó natural e no seu estudio durante moitos anos, ata 1987, en que artista o extraviou nunha mudanza, co conseguinte disgusto. Logo da instrucción, embarcou no destructor “Ulloa” como pintor de brocha gorda, pero acabou encargándose da distribución da pinturas ós ope-rarios e á vez pintou e decorou os letreiros de todo o barco: salvavidas, portas, etc. Froito da súa relación cos mandos do barco e da súa habilidade artística, o capitán encárgalle un cadro do destructor, e para iso facilitoulle pinceis, cores, etc. Posteriormente pintoulle unha segunda obra inspirada nunha paisaxe galega, e logo unha terceira obra dunha foto familiar. Nun permiso, Bóveda visitou a Antonio Fabeiro en Extramundi (Padrón) polo seu delicadísimo estado de saúde, e nesa visita Fabeiro mostrou certo arrepentimento por non se ter mostrado máis aberto na etapa de aprendiz de Bóveda. Pouco tempo despois morreu. Durante este ano e medio miliciano, a Cerámica quedou sen decoradores pola ausencia de Bóveda e pola morte de Fabeiro, pero alguén intentou substituílos pintando algunhas pezas que se distinguen perfectamente das demais por saírense claramente dos cánones habituais. A xuicio de Carlos, pezas mal decoradas, sen gusto e con cores aberrantes. Ó seu regreso á cerámica, Carlos encontra unha empresa en declive soportada pola Calera. Aínda así, volve ó traballo coas mesmas pezas e con mínimos cambios na decoración. Hipólito Castaño marchara para Buño. Permanecían Francisco para facelos moldes, Manuel de Cordeiro e Arturo Jamardo para repasalas figuras, Avelino Chenlo de torneiro e Teresa González A Carabinera.

Ceramica celta Ceramica celta

Hai pezas ás que non se lle atribúe autoría e que Carlos, a pesar do medio século transcorrido, recoñecía como súas. Por exemplo “A lavandeira”, que unha firma padronesa de arte atribúe á Carlos Maside, foi esculpida e moldeada directamente sobre barro e decorada por Bóveda. Moldeábase en barro e logo sacábase o molde, polo que depois se repoducirían en serie. O mesmo pasou cunha serie de cinseiros, xardineiras e pequenas pezas representando flores, cunchas mariñas e peixes, que hoxe se reproducen sen atribuírlles autoría e tamén son esculturas de Carlos. A este grupo pertencen “O martín pescador”, que foi sacado dun orixinal que cazara Ramón Diéguez. Tiveran que bocetalo e modelalo en barro, era de cores moi vivas, azuis e peito laranxa. Tamén unha casa de Rosalía de Castro, para a que tivo que sacalo apunte ó natural e logo moldeala en barro. Desta peza fixéranse moi poucas reproduccións, pero aínda se pode ver unha nas vidreiras da casa Museo e outra cando se fai a exposición de escaparates de Padrón. Ámbalas duas están en perfecto estado de conservación. O artista padronés tamén fixera unha parella de rapaces bailando agarrados, pero descoñécese qué pasou con ela, xa que foi feita nos derradeiros tempos da cerámica. Unha vez que abandonou a Cerámica, houbo unha pequena producción de baixo valor artístico. Bóveda considera que estas pezas foron feitas case na clandestinidade e que se diferencian claramente das auténticas do máximo apoxeo da Cerámica por estaren decoradas con esmalte.

Ceramica celta Ceramica celta Ceramica celta Ceramica celta

“O Cabuxo” de Castelao é unha referencia obrigada na Cerámica Celta. Para moitos, a obra cumio. Esta peza estaba esquecida, arrinconada na estantería máis alta do taller de decoración. Críase que non tería saída, xa que a decoración era complexa. Un bodía, que a producción de pezas estaba baixo mínimos e Bóveda non tiña moito traballo, ocorréuselle interesarse por aqueles cabuxos. Diéguez e Carlos baixáronos e limpáronos. Vidráronse en branco directamente sen decorar. Eran só catro ou cinco cabuxos, de aí o valor actual dos que aínda se conservan. Carlos non entra a considerar se algún destes cabuxos está feito polo propio Castelao, pero si sabe con certeza que o orixinal modelado en barro, unha vez feito o molde, se rompeu. O vencello de Castelao coa Cerámica Celta fraguárase a través de Víctor García, médico tamén, pola súa amizade con Ramón Diéguez. D. Víctor era un entusiasta da Cerámica Celta, frecuentaba moito as diversas dependencias da empresa e mesmo fixo algunha intrusión no modelado ou moldeado de pezas. O pintor recorda uns candelabros, uns suxeitalibros e un cristo bizantino como pezas do galeno cesureño. .

Ceramica celta

Bóveda enceta a súa volta ó traballo compaxinando a súa ac-tividade na cerámica co pintado de óleos baseados en motivos naturais de Pontecesures, Padrón, Catoira e outras localidades da comarca ullanesa. Deste tempo son “As Torres de Catoira”, “Río e barca” e “Rúa”, “O pombal da riba”, “Valle Inclán”, “Meu lar”, “A ponte”, etc. Estableceu amizade, entón, co Doutor Devesa, gastroenterólogo santiagués, que viña a Pontecesures con frecuencia por selo propietario do Pazo da Cova, onde tamén tiña un pequeno estudio de pictura. Aproveitaba aquelas visitas para acompañar a Bóveda cando saía a pintar en exteriores. Nun artigo de prensa, o doutor catalogaría a Bóveda como un dos mellores paisaxistas galegos. Carlos saía da casa ás seis da mañá para pintar ata as nove, hora na que entraba na cerámica. Cando saía dela ás seis da tarde volvía a saír para pintar. Non frecuentaba tabernas nin outro tipo de diversións. As fins de semana tamén as dedicaba á pintura, collendo a bicicleta e desprazándose incluso quilómetros. Con todo este material -duas ducias de cadros- acumulado en pouco máis dun ano, animárono a expoñer na Pascua de Padrón, no “Frente de Juventudes”, aínda que politicamente non fose moi partidario. O primeiro cadro vendido era un motivo de Betanzos, nin recorda de onde sacou o orixinal, o destinatario era un padronés coñecido por Perré, quen requiriu do artista que lle asinase textualmente “éste es mi primer cuadro”, como así o fixo. O segundo cadro mercouno o mestre padronés Luís Paz, obra que se conserva na casa de Darío Paz, fillo do comprador. Faustino Rey Romero, Eugenio Manuel Reboiras e Xosé Piñeiro Ares deron conta na prensa dos primeiros comentarios xornalísticos desta exposición.

Oleo Primera Exposicion Oleo Primera Exposicion

Segunda Exposición (1958)

A través de D. Regino Barbeito preséntaselle a oportunidade de expoñer, en xuño, na Terraza da Coruña, nos salóns do Club Imperio. Carlos estivo acompañado por numerosos amigos de Padrón e Pontecesures, e á fronte deles os alcaldes da Coruña e Padrón e Presidente da Deputación da Coruña, entre outras autoridades. Presentou 39 obras, das que a maioría eran paisaxes, un bodegón e unha figura de Valle-Inclán. Esta era a primeira experiencia como “autor”, xa que a organización encargouse da colocación das obras, da iluminación, etc. En novembro deste mesmo ano participa na XII Exposición Provincial de Arte de “Educación y Descanso” da Coruña con cinco óleos: “O carro”, “Cuberto”, “Ruinas” e dúas paisaxes. Entre ambas mostras, o artista vai collendo nome e co gallo do “Certamen Nacional de Especialización y orientación Artística”, celebrado en Madrid, invitárono a representar á provincia da Coruña, pero simultaneamente tamén o elixiran na provincia de Pontevedra. Carlos decidiuse por representar á súa provincia de orixe. De feito Pontevedra quedara deserta de representante. Tamén neste ano recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña para percorrer España. Foi a Madrid, Granada, Córdoba, Sevilla e outras cidades andaluzas para coñecer diversos museos e realizar cursos de perfeccionamento. En Córdoba, achegouse a un home que estaba pintando un cadro na rúa; era Felipe Criado, co que tiña trato pola Cerámica Celta e ó que o unía unha boa amizade. Felipe acompañouno no resto da visita cordobesa e levouno ó museo de Julio Romero de Torres, onde lle presentou ó fillo deste, que coidaba do museo, e lle amosou as rúas e os costumes cordobeses. Carlos Bóveda acada unha difusión da súa obra xa con certo nivel mediático e publicitario, pero agradecido ás fontes e ás orixes volve a expoñer en Padrón. Na primavera de 1959 presenta a súa obra de novo na vila de Ro-salía. Son 36 obras, entre as que, ademais das paisaxes, aparecen dúas figuras: “Lavando” e “ Vendendo historias”.

Oleo Segunda Exposicion Oleo Segunda Exposicion

A finais do anos cincuenta, Bóveda tamén colaborou con diversos medios de comunicación, sobre todo con viñetas e debuxos, a fin de ilustrar crónicas de acontecementos sociais do Ullán. Desde o ano 1957 ata o 1962 colabora ilustrando artigos en La Noche e Faro de Vigo. Entre xaneiro e abril de 1960 ilustra para La Noche unha serie de fragmentos cerámicos, obxectos e restos arqueolóxicos encontrados ó facelas escavacións da remodelación do peirao de Pontece-sures. No mesmo ano expón nos salóns de “Casa Castaño”, en Pontecesures, onde Ms. Beatrice Lodge –filla do Embaixador dos EEUU en España- adquire unha das obras. Na Pascua padronesa de 1961 expón trinta e unha obras, entre as que están “Iria” (que se queimou no incendio do Golf Club de Palermo), “Naiciña”, “Meigas” e “Viva Galicia”; as restantes obras son paisaxes. Nesta exposición agasalla cunha obra á Deputación Provincial da Coruña e outra ó Presidente da institución provincial, D. R. Puga. Por mediación de Piñeiro Ares, en 1961, volve a expoñer no Colexio da Estrada cunhas trinta obras inspiradas en motivos galegos como figuras e paisaxes; un óleo representaba ós hórreos de Laíño, cadro que ainda conserva a familia do artista. Deste tempo data a súa primeira entrevista en prensa. Desde 1961 ata a súa partida participa cun serial de debuxos e caricaturas agrupados baixo o epígrafe de “Humor Ullanés”. O Bóveda caricaturista non é coñecido porque non tivo continuidade. Durante este tempo facía catro ou cinco viñetas diariamente para a prensa. A Carlos encantáballe esta vertente profesional, ata o extremo de debater no seu interior a qué se dedicar profesionalmente, aínda que naqueles tempos non tiña liberdade absoluta para desenvolver un humorismo comprometido, crítico e mordaz como el quixera. De feito, está convencido de que algún debuxo foi censurado. Estamos ante o Bóveda máis intenso. Decoraba na cerámica, pintaba óleos e colaboraba en prensa. Antes e despois das quendas na Calera collía a bicicleta, o trípode e os pinceis, e xa pola noite na casa debuxaba as viñetas da prensa. Neste tempo tamén facía traballos puntuais, como o que lle encargan Baldomero Isorna, Faustino Rey Romero e Piñeiro Ares, que o invitan a que forme parte do agromante Ateneo do Ullán, grupo cultural con sede en Catoira. Carlos, ante as dificultades de conseguir papel pergameu, pinta o emblema no papel dun saco de cemento despois de limpalo e pasarlle o ferro. Medía uns 80 por 40 cms. As Torres de Catoira eran o motivo central baixo o nome do colectivo. Carlos indicou que como marco podían poñerlle unhas follas de loureiro, e así o fixeron. Este emblema estivo durante anos na Cantina da estación de Catoira. Aquí coñece ó crego poeta Rey Romero, con quen fortalecería a súa fondísima amizade tempo despois na Arxentina. Tamén deste tempo datan varios artigos publicados na prensa. Un deles denunciaba a degradación que causaban no río Ulla os verquidos da industria Picusa. Carlos alporizábase do cheiro que inundaba o lugar e da cantidade de lixo que se acumulaba nas marxes do río. Con ironía, achacaba este cheiro a un polbo podrecendo. Nin que dicir ten que á empresa non lle sentara nada ben comentario.

Prensa

O artista tiña unhas inquedanzas que non se vían satisfeitas no seu entorno vital e profesional. Atraíalle viaxar e coñecer. Sumado a que as circunstancias económicas non eran as máis desexables, decide abandonar Galicia para probar fortuna correspondendo á invitación dun irmán que residía aló. A situación política española tamén tivo algo que ver na determinación, ademais da invitación para expoñer no Centro Lucense de Bos Aires. Decididamente, embala os 140 cadros que tiña, recompila todo o material que considera necesario, mesmo a bicicleta, e embarca en Vigo o primeiro de xullo de 1962. Logo de dúas semanas de navegación no “Yapeyú”, onde montan un coro que dirixiu o propio artista, Bóveda chega a Bos Aires. Instálase en Ramos Mejía e un mes despois da chegada xa expón por primeira vez na Arxentina presentando 30 cadros -tres bodegóns e os demais paisaxes e figuras- no Centro Lucense. En novembro doa a obra “Camiño” para que se venda a beneficio dunha causa humanitaria duna organización catalá. No bazar había un depósito de mercadoría onde Bóveda instalou seu taller de pintura para retomalos óleos. Os bodegóns foron os seus motivos iniciais cando en Galicia apenas os traballara. O seu primeiro óleo arxentino representaba unha muller sentada que chamara poderosamente a atención do escritor arxentino Guillermo Taboada. Bóveda estábase soltando, estaba rachando, experimentaba con novas motivacións e inspiracións. Corenta anos despois chegou a ser moi autocrítico coas súas obras daquel tempo. Espuxo estes novos traballos en diversas mostras anuais no Centro Lucense, na Galería Goya do pontevedrés Ramón Mourente, no Centro Galego, no Centro Ourensán, no Lar Galego e no Centro Pontevedrés. Nalgunhas ocasións chegou a expoñer en dous lugares á vez. Baldomero Isorna, o Doutor Devesa, Felipe Criado, Baldomero Cores, Octavio San Martín, Ramón Pazos e Piñeiro Ares mantéñeno ó tanto do discorrer social, político e artístico de Galicia. O incesante tráfico de correo mantén viva durante anos a ilusión de Bóveda de volver á terra A morriña, a lonxanía e a saudade acaban condicionando o espírito artístico de Carlos. Animicamente non chegou a saír de Galicia. Esta dependencia marca o enxebrismo das súas obras. Campiñas, paisaxes e facianas pasan a sela motivación principal da súa pintura. Adoitaba dicir que de día camiñaba por Bos Aires e pola noite estaba en Galicia, e que el pasaba pola Arxentina pero Arxentina non pasaba por el. A memoria dótao, neste tempo, de fonte de inspiración xa que carecía de soportes naturais reais. Durante un ano enteiro traballou indo tódalas tardes a unha Villa Miseria para poñerse a proba a si mesmo analizando a resposta ante o natural, e logrou traballos preciosos, pero logo destruíunos, pintando sobre eles outras cousas da terra. Só se conservan dous ou tres que non encontrou para sobrepintalos e fixo o mesmo con motivos gauchescos. Algunha das súas obras foi motivo de inspiración para Ignacio Vazquez Maza e outros poetas no exilio. Carlos vivía intensamente a gran familia cultural que tanto turraba da cultura galega no es-tranxeiro. Daquela non se tiñan axudas de ninguén e, sen embargo, editábanse libros, organizábanse conferencias, tertulias nos bares da Avenida de Mayo, exposicións, concertos e moitos outros actos culturais, soamente coa vontade de todos. Foron moitas as persoas coas que Carlos tivo contacto e enriqueceu a súa galeguidade. Entre outros, Víctor Luis Molinari, Valentín Paz Andrade, Alfredo Arostegui, Maruxa Boga, Arturo Cuadrado, Jaime Quesada, Ignacio Vazquez Maza, José Benito Díaz, Varela Sánchez, Isaura Muguet, Dario Lamazares, Ramón Margallo, etc. Na Arxentina, o artista padronés foi arroupado pola colectividade galega e numerosos amigos dos circuitos culturais. Bóveda sempre agradeceu como os que chegaban eran acollidos polas forzas vivas culturais no exilio. Ramón de Valenzuela -licenciado en Filosofía e Letras, escritor e gran amante da arte- foi unha das persoas que o acolleron á súa chegada. Ramón era presidente da Comisión de Cultura do Ateneo Curros Enríquez, e Bóveda, en decembro do 62, pasou a formar parte da Comisión de Artes Plásticas xunto con Laxeiro. Ramón de Valenzuela propiciou algunha que outra exposición de Bóveda. Formaba parte dese grupo de intectuais introducido nos círculos culturais dos galegos emigrados. Entre outros, estaban Luís Seoane, Castro Couso e Geno Díaz. Carlos empeza amizade con eles, en particlular con Castro Couso, Humberto Souto, Tacholas, Quesada, Cuadrado, etc.

Argentina

En maio de 1963 expón de novo co gallo das Letras Galegas, en agosto expón no Centro Lucense e foi xurado no Concurso Infantil de Manchas. Dende a súa chegada tivo que alterna-lo seu facer artístico -que sempre foi prioritario- coa necesidade de consegui-los medios de vida, e foi así como traballou no bazar que dirixía o seu irmán, de quen sería socio pouco tempo despois. Tamén no mesmo ano, Ramón de Valenzuela, Geno Díaz e dous artistas italianos invitaron a Bóveda a montar un taller de decoración de louza. Un dos italianos tiña unha casa cun forno que foi onde se estableceron. Mesmo formalizaron unha sociedade. Geno Díaz xa traballara como decorador na fábrica que montara tempo atrás Isaac Díaz Pardo na vila bonaerense de Magdalena. Bóveda dá un paso adiante nas súas inquedanzas artísticas e enceta a decoración duns pratos motivados en estampas galegas. O primeiro deles pintouno en 1963 e consérvase na casa dunha familia padronesa. En 1964 desenvolve unha intensa actividade artística. Forma parte do xurado da Primera Muestra Infantil que fai o Centro Lucense. O 21 de maio é nomeado Vocal da Comisión de Cultura, sendo presidente Dario Lamazares, e na Semana de Galicia, xunto con Castro Couso e outros membros da Comisión de Cultura, fan unha gran escenografía mariñeira. En xullo é reelixido Asesor Artístico Adxunto, forma parte da Comisión de Cultura do Ateneo Curros Enríquez e participa na mostra colectiva “Catro pintores de estirpe galega”, con Laxeiro, Castro Couso e Geno Díaz, no Centro Lucense. Tamén neste mesmo ano, Carlos desenvolvía o labor de encargado admi-nistrativo e de compras da firma Daró no Aeroporto Jorge Newbery. Cometido que abandonou anos despois. En 1965 participa na exposición-homenaxe a Rosalía de Castro “Muestra de Poesía Gallega Ilustrada” e “Dolce Sono” cos pinto-res Enzo Benfato, Juan José Cabello, Alberto Castro Couso, Oscar Mario Deza, María Laura de San Martín, Humberto Souto, Carlos Villanueva, etc., e expón de novo na Semana de Galicia no Centro Lucense. Neste tempo, traballando no Aeroparque de Bos Aires, coñeceu a Ilía, o presidente arxentino, que mostrou fondo interese pola temática pictórica de Bóveda e polas súas inquedanzas culturais. .

Argentina

En 1965 participa en la exposición-homenaje a Rosalía de Castro “Muestra de Poesía Gallega Ilustrada” y “Doce Sono”, con los pintores Enzo Benfato, Juan José Cabello, Alberto Castro Couso, Oscar Mario Deza, María Laura de San Martín, Humberto Souto, Carlos Villanueva, etc., y expone de nuevo en la Semana de Galicia en el Centro Lucense. En este tiempo, trabajando en el Aeroparque de Buenos Aires, conoce a Ilía, el presidente argentino, que mostró un hondo interés por la temática pictórica de Bóveda y por sus inquietudes culturales. En el aspecto personal, su vida cambia en 1966 al casarse con Sara, una lucense a la que había conocido participando en las actividades del Centro Lucense. Ofició la ceremonia Faustino Rey Romero, y fue el primer casamiento del sacerdote en Argentina, para el que tuvo que pedir permiso, ya que no tenía adjudicada ninguna designación eclesiástica. Faustino también solicitó hacerlo en gallego, pero no se lo permitieron. Al finalizar el acto se resarció pronunciando un panegírico en gallego, tan largo que incluso apagaron las luces para que concluyese. No aspecto persoal, a súa vida cambia en 1966 ó casar con Sara, unha luguesa á que coñecera participando nas actividades do Centro Lucense. Oficiou a cerimonia Faustino Rey Romero, sendo o primeiro casamento do crego en Arxentina, polo que tivo que pedir permiso, xa que non tiña adxudicada ningunha designación eclesiástica. Faustino tamén solicitou facelo en galego, pero non llo permitiron. Xa ó remate do casamento, resarciuse pronunciando un panexírico en galego, tan longo que mesmo apagaron as luces para que concluíse. En 1967 presenta novas obras, esta vez xunto a Marcos de Abeleda, no Centro Pontevedrés para conmemora-lo XXV Aniversario da institución e expón de forma permanente no “Golf Club” do barrio de Palermo. Pouco tempo despois prodúcese un incendio no que se queiman catro cadros, entre eles “Iria Flavia”. En 1968 colabora na “Primeira Feira de Artesanía Galega” organizada polo conxunto artístico galego “Breogán”. Un ano despois recibe a insignia de prata do Hogar Gallego para anciáns e realiza unha mostra nos festexos do XXVI Aniversario deste centro. Laxeiro doara un dibuxo en branco e negro para que se subastase na inauguración da exposición e o adxudicatario doouno á institución. Bóveda vive a década dos anos sesenta experimentando artisticamente na pintura libre. Trata temáticas libres, trazos raiados con luz e forza. O artista denominouna “pintura intuitiva”. Desde 1970 formou outra sociedade co seu irmán ata 1986 e participou durante este tempo noutras iniciativas comerciais. En abril do mesmo ano ano realiza a mostra “Dos pintores de estirpe gallega” xunto con Oscar Martíns, co gallo da inauguración das novas instalacións da Galería de Arte Lucense.

Argentina

Con motivo do Día das Letras Galegas, participa na mostra colectiva “23 artistas ilustran a Rosalía de Castro”. O debuxo presentado foi logo doado á Casa Museo de Rosalía en Padrón, onde está actualmente. Co artista padronés estiveron: Mercedes Amigo, Abreu Bastos, Enzo Benfato, Óscar Deza, Ana Martínez Pasarín, Óscar Martíns, etc. En 1971, patrocinado polo Instituto Argentino de Cultura Gallega, participa na mostra “Pintores argentinos en homenaje a Rosalía de Castro” no Centro Galego de Bos Aires. As obras son doadas polos pintores para contribuír á restauración da casa da cantora do Sar. Con Bóveda participaron Abreu Bastos, Axís, Carlos Cañas, Castro Couso, Vicente Forte, Martínez Pasarín, Pérez Celis, Demetrio Urruchua, Bruno Venier, etc. En 1972 colaborou co Club de Leones Jorge Newbery. Un ano despois, en xullo, participa na exposición colectiva “Pintores de Galicia” no Centro Lucense, con Marcos de Abeleda, José Sevilla, Humberto Souto, Cordeiro e Darío González. En decembro é un dos invitados de honor á homenaxe que se lle rende a Alberto Castro Couso no Centro Pontevedrés. En 1974 participa nas “Jornadas Patrióticas Gallegas” no Museo Municipal de Artes Plásticas Eduardo Sívori xunto con Abreu Bastos, Geno Díaz, Castro Couso, Martínez Pasarín, Carlos Cañas, Leopoldo Presas, Solla, Albino Fernández, etc. Este tempo marca animicamente ó artista polo declive do franquismo en España. Participa en diversas concentracións a raíz da morte do dictador, a prol da democracia. Nos seguintes tres anos -1975, 1976 e 1977-, Bóveda fai un receso na súa vida social para centrarse máis na producción pictórica. Aínda así, durante este tempo espuxo no Centro Lucense, no XXXII Aniversario do Hogar Gallego para ancianos, conxuntamente con Albino Fernández, na Galería de Arte Goya e na Galería Kaperotxipi de Mar del Plata. En 1978 foi galardoado coa mención de honor da Fundación Givre de Bos Aires, presenta a súa obra na Galería de Arte Goya e realiza a mostra “Efeméride Mayor de Galicia” no Centro Lucense. En 1979 expóñense algunhas obras súas na “I Muestra de Arte” da Sociedade Cultural Padronesa, prestadas por particulares. En febreiro deste mesmo este ano nace a súa filla Marisol. En 1980 foi homenaxeado na Arxentina pola “Sociedad Hijos de Lestrove” coa entrega da “Paleta de Prata”. Comeza a partir de aquí unha abondosa etapa creativa. Durante uns cinco anos vólcase nos pinceis. A inicios da década, Carlos xa tiña decidido volver a Galicia para expoñer de novo, logo de vintecatro anos, e por iso vai preparando un feixe de cadros escollidos especificamente. En 1981 nace o seu segundo fillo, Daniel. Os desexos do artista venceron as dificultades, que eran moitas, e en maio do 86 volve a Galicia con máis de 400 obras inéditas. En setembro presenta gran parte delas na exposición “24 años de au-sencia” no Centro Cultural García Barbón de Vigo, onde quedou de manifesto a versatilidade pictórica de Bóveda recollida nas obras pintadas nos vintecatro anos de ausencia. A crítica foi tan favorable e a resposta do público tan xenerosa que dous meses despois expón na Casa da Parra en Santiago de Compostela, e en xaneiro do 87 no Casino do Barco de Valdeorras, invitado por Caixa Galicia. Esta estadía do artista en Galicia conclúe coas exposicións no Ministerio de Cultura na Coruña e na Sociedad Cultural Padronesa, onde a directiva lle impón a súa insignia de ouro. A acollida desbordouno, pois estaba convencido de que tería que principiar de cero porque ninguén se acordaría del. Carlos estaba sorprendido artística, persoal e socialmente, xa que encontraba unha Galicia activa, fulgurante, cambiante e democrática. Carlos renova o seu compromiso artístico. Énchese de galeguidade e retoma o pulso coas paisaxes, as caras, as xentes e a terra. Esta estadía durou un ano. No 87 volve á Arxentina co cravo da volta definitiva que se produciría aínda quince anos despois. Bóveda segue expoñendo pero pintando con máis forza, buscando a espiritualidade pictórica. Este tempo está marcado polo contacto coa Galicia que acababa de reencontrar. A posibilidade do regreso definitivo á súa terra dáballe alento e folgos. Carlos tiña acugulado o baúl da creatividade. Alternaba a producción pictórica con exposicións individuais e colectivas, mostras e outras manifestacións culturais. Volve á Arxentina tan cheo de galeguidade que retoma un forte compromiso social e cultural coas colectividades galegas. En 1988 mostra a súa obra na Galería Luís Seoane do Centro Galicia de Bos Aires. En 1989 publícase unha obra súa nas portadas do Anuario da Viei-ra da Enxebre Orde da Vieira en Madrid e participa nas “Jornadas de la Cultura Gallega ´89” patrocinadas polo Instituto Argentino de Cultura Gallega e auspiciadas pola Fundación Barrié de la Maza no Centro Cultural Recolecta de Bos Aires. Así mesmo, en xullo forma parte da “Exposición Colectiva de Artistas Gallegos” no X aniversario da Fundación do Centro Galicia de Bos Aires e posteriormente da colectiva realizada no Centro Ribadumia. É invitado polo Centro Cultural Partido da Estrada a participar na exposición “Morriña de Gallegos en la Emigración”, onde se expoñen debuxos, pintura naíf, tapices, artesanía en madeira, pintura sobre coiros e óleos. E a finais de ano, a organización do 84 aniversario do Centro Betanzos tamén reclama a súa participación, expoñendo con Carlos Cañas, Geno Díaz, Mallo López, Óscar Dante Guastavino, etc. Neste tempo, Carlos participa nunha experiencia altruista que consistía en facer compañía ós maiores das residencias de anciáns e hospitais. Por influencia das tradicións do país, adaptárase ó folklore popular do agro arxentino ata o punto de “zapatear” con verdadeira graza. Mburucallá (flor da paixón) era o nome do gupo. Esta actividade desenvolvéuna desde finais dos oitenta ata o seu regreso á Terra. Nos anos noventa visita Galicia en varias ocasións; unhas veces para expoñer -en Santiago e por dúas veces en Padrón, unha delas promovida por Xosé Manuel Cortizo e outra na Mostra de Pintura Pascua 92, organizada pola Sociedade Cultural Padronesa-, outras en visitas privadas e mesmo coordinando a grupos de veciños de Padrón que formaron parte da operación “Reencontros” promovida pola Xunta de Galicia. Nesta viaxe, a Agrupación de Padrón da Arxentina manda unha placa de bronce para honrar a Rosalía. Este presente foi colocado ós pes do monumento do Espolón e Bóveda foi o encargado de facela inscrición que figura nela coa simple sinatura “CB”. Carlos desenvolve un intenso labor cultural participando na creación de S.A.H.I.A. (Sociedade de Artistas Hispano Americanos), grupo cultural que expoñía con frecuencia pero con moitos problemas de promoción pola situación que o país atravesaba.

Argentina

En 1993 participa na exposición colectiva que organiza S.A.H.I.A. na Fundación Banco Canadá. Tamén intervén na exposición colectiva “Homenaxe a Luís Seoane” na galería que leva o nome do artista. Este recoñecemento organizado pola Comisión Intersocietaria de Entidades Gallegas -xunto con Cordeiro, Casais de Corne e Humberto Souto- foi artellado para impolo nome á galería. bión, en homenaxe a Luís Seoane, xunto a originais do artista. Participa na exposición colectiva “Artistas Gallegos” realizada conxuntamente polo Centro Gallego de Buenos Aires e o Centro Galicia na Galería Luís Seoane. Participa na exposición “S.A.H.I.A. y las artes” nos salóns de Argentina Televisora Color, na que tamén figuran José Luis Domínguez, Roberto Lo Tártaro, Rafael Gil, Carlos Villanueva, Óscar Dante Guastavino, Raúl Pérez, Sassano Tuñón e outros. Neste mesmo ano expón no Centro Gallego de Bos Aires nas “Xornadas Patrióticas Galegas 1994”, patrocinadas polo Instituto Argentino de Cultura Gallega. En 1995 realiza unha curta visita a Padrón para asistir á “Pascoarte 95, Homenaxe a Carlos Bóveda”, realizada na Galería Seira, ó tempo que recibe o “Homaxe de Honra e Loubanza da Irmandade dos Fillos de Padrón”. De volta á Arxentina, participa na colectiva realizada por S.A.H.I.A. na Bolsa de Comercio de Bos Aires e intervén na exposición que realiza S.A.H.I.A. con motivo do aniversario do Centro Betanzos. Un ano despois, en abril do 96, volve a Galicia para participar na mostra “Catro pintores” no Museo Provincial de Lugo xunto a N. Zumel, José Luis Verdes e Carlos Barcón. Nesta mesma visita, presén-tase no Auditorium do Centro Social de Padrón baixo o patrocinio de José Manuel Cortizo e a organización de Cristina Trulock. De novo na Arxentina, participa no “Ciclo Cultural 1996” na Bolsa de Comercio de Bos Aires xunto a O. Dante Guastavino, José Luis Domínguez, Edgardo Junco, Roberto Lo Tártaro, Rafael Gil, Blas Rodríguez, Carlos Villanueva, Carlos Fuentes José Sevilla e outros. En 1997 participa na colectiva exposta no Centro Galicia de Bos Aires con José Luis Domínguez, R. Lo Tártaro, Susana Ocampo, Blas Rodríguez, Carlos Villanueva, Carlos Fuentes, etc. Neste ano tamén expón na “Homaxe a Fernando Iglesias, Tacholas”, na Sociedad de Campo Lameiro da Arxentina, mentres cede obras para participar na mostra da galería “Apolo Arte” no Pazo da Maza (Lugo). En 1998 intervén na exposición que S.A.H.I.A. organiza para ce-lebra-lo “93 Aniversario da Casa Balear de Bos Aires” e na que a mesma entidade levou a cabo no Casal de Catalunya. O mesmo ano participa na exposición “Sexto Aniversario 1992-1998 Asociación de Artistas Hispano Americanos”, celebrada na Bolsa de Comercio de Bos Aires. O mesmo colectivo cultural organiza en 1999 a “Semana de las Islas Baleares” na Casa Balear da Arxentina, onde Bóveda está presente ó igual que fixo na ex-posición do Casal de Catalunya e na Bolsa de Comercio no “Ciclo Cultural 1999”. No mesmo ano participou na exposición colectiva “Octubre 1999 Mes de la Hispanidad”, xunto a seis artistas máis, organizada polo Consejo de Residentes Españoles e auspiciada pola consellería de cultura da embaixada de España; participa na exposición colectiva realizada no Centro Betanzos polo seu 94 Aniversario e na exposición do Rotary Club–Distrito 4900, onde recibe o diploma de honor do Rótary Club–Lomas do Mirador da Arxentina. O ano 2000 foi un ano decisivo para o artista padronés. Foi un tempo frenético que andou a cabalo entre Arxentina e Galicia, recibiu premios e recoñecementos, espuxo individual e colectivamente e non deixou de estar activamente presente no acontecer cultural galego. A destacar neste ano é a volta a Galicia para expoñer no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, aproveitando para presentarse na sala de exposicións do Liceo Recreativo Orensano e levala mostra á Galería Nova Rúa de Lugo e á Galería Obelisco da Coruña. De novo vai á Arxentina para participar no acto onde se lle impuxo Xa no 94 expón “17 Maio, Día das Letras Galegas” no ABC de Corcunome de Isaac Díaz Pardo á sala de arte do Centro Galego de Bos Aires. Con tal motivo, o Instituto da Cultura Galega organizou unha exposición de M. Cordeiro, Fiz Fernández, Carlos Bóveda e unha obra do propio agasallado. Expón na Bolsa de Comercio de Bos Aires, no “Ciclo Cultural 2000”, coa organización de S.A.H.I.A. Expón xunto a R. Amigo Ortiz, M. Cordeiro e X. C. Roig na Galería Luís Seoane do Centro Galicia de Bos Aires. Participa na exposición “El arte y su proyección en el paso del siglo” organizada por S.A.H.I.A. no Centro de Residentes Españoles. Participa na exposición que fixo a editorial Croquis no Centro Región Leonesa. Intervén na exposición da Asociación Italiana de los Santonofrenses de la Argentina auspiciada por “Galas y Talleres”. Está tamén presente na exposición que fai o Sindicato de Empleados y Obreros de Comercio y afines, auspiciada pola editorial Croquis. Participa na exposición do Museo de Bellas Artes Sempere da Municipalidad de Almirante Brow de Bos Aires. Participa na exposición de S.A.H.I.A. na Bolsa de Comercio de Bos Aires. E para pechar un ano pletórico, recibe o premio Sant Onofrio da Asociación Italiana de los Santonofrenses en Argentina, o premio Centro Región Leonesa e foi o artista premiado por Salones Croquis do Museo León Sempere. No ano 2001 sente de novo a chamada da terra e volve a Padrón para intervir en “Arte Mostra de artistas de Padrón-Santiaguiño do Monte”. Cando en decembro deste ano estoura a crise arxentina, Carlos fai a maleta, abandona tódalas propiedades e volve a Galicia, onde chega o 9 de febreiro de 2002.

Argentina Argentina

Xa establecido definitivamente en Galicia, reencontrouse con grandes vellos amigos. Un deles, o pintor Paz Camps. Bóveda sempre se confesou namorado da pintura de Modesto e a amizade entre ambos vén dos tempos nos que compartían correrías literarias co poeta de Amahía, Maximino Castiñeiras. Diego Bernal (q.e.p.d.), Avelino Abuín de Tembra e a familia Castaño foron outro berce persoal de reencontro coa terra. Carlos tamén sentía un aprecio moi especial por Ramón Pazos e a súa numerosa familia. O ex-alcalde padronés, cando morreu, deixou varias obras de Carlos en herdanza. O fillo máis novo, Alejandro Pazos, ó que non lle correspondera ningunha delas, buscou a Carlos na Argentina e, a través de terceiros, adquiriu varias obras. Alejandro e a súa muller, Loli, tamén forman parte do círculo persoal de amizades da familia Bóveda. E, como xa se mencionou, o cesureño Xosé Piñeiro foi un dos fortí-simos vencellos de Bóveda con Galicia durante os anos de estadía arxentina. Xa na terra, os contactos entre ambos foron moi frecuentes ata o falecemento do cesureño. Reanuda o seu labor artístico coa mostra “Reencontro”, presentada no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. No 2003 expón no auditorio do Centro Social e Cultural de Padrón e participa na exposición “Escaparates de Padrón 2003” nas Festas do Santiaguiño do Monte. Volve a intervir na exposición realizada no Centro Galicia de Bos Aires co gallo do Día das Letras Galegas. Nos últimos meses de vida non deixou de traballar ainda que a enfermidade o limitara. Pouco tempo antes de morrer, decorou unha vaixela de Capeans de mais de cen pezas e rematou o seu último cadro que deixou sen asinar. O seu derradeiro traballo foi unha placa de cerámica para dar nome á “Area Recreativa El Correo Gallego” en Pazos ainda que xa non puido asistir á inauguración polo seu feble estado de saude. O mesmo día no que falecía estaba participando na 1ª Mostra de Artistas de Boiro. Con posterioridade ó pasamento, cun feixe de cadros, participou na 5ª Arte Mostra-Artistas en Padrón e Pontecesures 2004. Os artistas participantes nesta manifestación artística rendíronlle a primeira homenaxe post mortem ó igual que o fixo nas mesmas datas o Centro Galego de Bos Aires.

España

O enxebrismo

Co regreso definitivo a Galicia, Bóveda pintaba cómodo porque se expresaba libremente. Tiña de novo grandes inquedanzas artísticas. Pintaba feliz. O “enxebrismo” capitalizaba a sua obra. Carlos, no seu estudio en Conxo (Santiago), empapouse de gale-guidade temática. Seguía fiel ós motivos que o levaron a pintar, facendo illadas e contadas incursións no compromiso social. O berce da súa pintura continuaba sendo o mesmo. Bebía dos ventos do noroeste peninsular, deixábase carexar polo orballo e trasladaba ós lenzos os verdes da primavera e os ocres do outono. Mantiña viva a vella madeira das tabernas e seguía afiando os sachos dos labregos. Os evidentes cambios experimentados na sociedade actual non afastaron ó autor da temática que sempre abordou. Carlos vía asi a Galicia. Labregos, mariñeiros, gaiteiros, o agro, rural e a lingua foron os soportes sociais galegos a través dosséculos e ese era o País que retrataba. A Galicia enxebre vese reflectida na pintura de Carlos Bóveda. Esa é a terra que o viu nacer á vida e á arte e na que descansa para sempre.

Bóveda e Castelao

A primeiros dos oitenta fíxose unha homenaxe a Castelao na Federación de Sociedades Galegas, onde se reproduciron debuxos extraidos do libro Cincuenta homes por dez reás, e ademais tiñan libro orixinal de onde se sacaran os debuxos, e foi nese lugar depois de moitos anos onde Carlos puido ver outra vez o libro que tivera de modelo na Cerámica Celta. O padronés sentía unha especial devoción polo rianxeiro e lamentou non telo coñecido persoalmente, aínda que si coñecera a viuva, Virxinia, xa que foran presentados nun xantar dunha sociedade galega en Bos Aires e compartira con ela as vivencias da Calera. Carlos emocionárase relatándolle como consultaba os orixinais de Alfonso Daniel, lamentando que tan só uns poucos anos separasen as estadías dun e outro na cerámica. A admiración do padronés polo rianxeiro medrou ó compartilas andainas e a vida no desterro de Alfonso Daniel a través de dous grandes amigos comúns: Maruja Boga -primeira “Pimpinela” de Os vellos non deben namorarse, da que por certo a familia de Bóveda garda un dos panos que usou nunha das escenas- e Alfredo Arostegui. Ambos atesouran aínda hoxe fotos, libros e outras lembranzas do seu case irmán rianxeiro. Castelao estivera nos comezos da audición que dirixiron por longos anos “Recordando a Galicia”. Bóveda tivo a sorte de ter bocetos dos personaxes e da primeira edición de Os vellos non deben de namorarse dedicada por Castelao, así coma a reproducción en xeso da súa man. En certa ocasión, estando con Rey Romero, nunha das habituais tertulias dos sábados, saíu a teima de que a biblia galega era Sempre en Galiza de Castelao e que estaba esgotada e xa non se conseguía. Sete días despois apareceu Faustino cun exemplar dedicado por el mesmo para Bóveda dicíndolle “como veciño, non se molestaría porque cha dedique, ¿verdade?”. Foi deste xeito comochegou ás súas mans o ansiado exemplar que a familia do padronés garda con dobre cariño: por Castelao e por Faustino.

España

Bóveda e Rey Romero

Bóveda descoñecía a intención ou a necesidade –segundo quen o conte- do crego de marchar de España. Faustino, mais nada chegar á Arxentina, deixou o seu enderezo ós directivos do Centro Lucense para que á súa vez llo entregaron a Carlos. Rey Romero establecéra se en Victoria, preto de Río de la Plata. Carlos, recibida a dirección, foi velo. O crego recibiuno co seu habitual habano e unha longa e sentida apreta. Curiosamente, a pesar da amizade, o crego apenas falou algunha vez dos motivos que o afastaban das autoridades eclesiásticas santiaguesas. Cando Rey Romero pasou á Igrexa da Nosa Señora da Balbanera, os encontros producíanse tódolos sábados. Carlos enriquecíase coa compaña de Faustino. A morte do crego poeta, anos despois, foi un mazazo para o pintor, a pesar de coñecer perfectamente as diferencias que tiña Faustino cun compañeiro italiano co que compartía a igrexa da Balbanera. Carlos destacou sempre a extraordinaria calidade humana do crego e, corenta anos despois, estaba convencido de que a morte do seu amigo Faustino non foi casual.

Bóveda e Laxeiro

Carlos tamén tratou moito a Laxeiro na Arxentina. Coñeceu ó artista lalinense formando parte da Sub-Comisión de Artes Plásticas do Ateneo Curros Enríquez da Federación de Sociedades Galegas en Bos Aires. Na primeira exposición do padronés en Arxentina, Laxeiro acompañouno e acabaron forxando unha fonda amizade que os levou a compartiren exposicións, charlas, actos e moitas vivencias persoais. En certa ocasión, sobre 1967, na sobremesa dunha cea privada, Carlos amósalle a Laxeiro un retrato co que o agasallara un amigo común de ambos, Mayo López. Laxeiro pídelle un papel a Carlos e, poñéndose a esbozar uns trazos, dille: -Non pode ser que Mayo che fixera un retrato e eu non... Laxeiro utilizou viño que aínda quedaba nunha botella para difuminar a cor. Nunha exposición de Bóveda en Bos Aires, Laxeiro doou un cadro para que se sortease entre os asistentes. Cando Laxeiro e Lala volveron para Galicia, seguiron mantendo o contacto co padronés. Curiosamente, Carlos estivo con Laxeiro por derradeira vez en persoa na última exposición do lalinense en Santiago.

segue a gozar do meu traballo